Xan Rodiño, Lu e Kevin, os mellores na proba celebrada en Cerceda
lll
17º-23º

Xan Rodiño, Lu e Kevin, os mellores na proba celebrada en Cerceda

Xan Rodiño, Lu e Kevin, os mellores na proba celebrada en Cerceda
Pastoriza acollerá a seguinte xornada | lnb

Usuario

A localidade da Silva, en Cerceda, acolleu a quinta xornada da Liga Atlántica de Billarda, na que participaron un total de 51 palanadores.

Na competición absoluta, vitoria para Xan Rodiño, do Lúa e Forza de Sanxenxo. A segunda posición acadouna Xosé Collazo (Campo da Feira de Paiosaco), sendo terceiro o seeu compañeiro Juan Carlos Cancela.

Na categoría femenina, novo triunfo do Lúa e Forza, esta vez grazas a Lu. As de Sanxenxo fixeron dobrete, xa que acabou segunda Marisa. Terceiro chanzo para Isabel, do Campo da Feira.

Nos infantís, Kevin, da APB Santa Marta da Laracha, foi o mellor, co seu compañeiro Roi na terceira praza. Entre os dous, Óscar García, segundo, dos Cochiqueiros de Cerceda.

Finalmente, por equipos si que gañou o Campo da Feira, co Lúa e Forza segundo e o Filloas da Coruña terceiro.

Na clasificación xeral, manda a entidade de Paiosaco e en individual Xan Rodiño e Xosé Collazo. En mulleres, Isa e Mercedes, do Campo da Feira, están no cumio, o mesmo que Abel Ponte nos infantís. En varados mandan Collazo e Marc.

Pastoriza, en Arteixo, será o esceario da vindeira xornada da Liga Atlántica. 

Xan Rodiño, Lu e Kevin, os mellores na proba celebrada en Cerceda

Te puede interesar