Santi Canedo: "Houbo momentos nos que pensaba como podemos ser líderes e non estar desfrutándoo"
lll
17º-23º

Santi Canedo: "Houbo momentos nos que pensaba como podemos ser líderes e non estar desfrutándoo"

Santi Canedo: "Houbo momentos nos que pensaba como podemos ser líderes e non estar desfrutándoo"
O porteiro carballés de 28 anos, nun partido no campo de As Eiroas esta temporada | raúl lópez

Usuario

O Bergantiños é líder destacado do grupo galego da Terceira Federación e un dos grandes responsables do temporadón que está realizando o equipo carballés é o seu porteiro. Aos seus 28 anos, Santi Canedo non só xogou todos os partidos posibles (28) senón que é o gardamellas menos batido da competición con só 14 goles encaixados. Un dos datos máis abraiantes é o das portas a cero: 16 nas 28 xornadas. O que é un dos capis do equipo analiza un tramo final do curso que pinta máis que ben para conseguir o título de liga e, por tanto, o ascenso directo a Segunda Federación.

 

Faltan seis xornadas e son sete puntos de vantaxe respecto ao Gran Peña. Pinta moi ben para o Bergantiños.
Si, estamos onde queremos estar. Todos firmaríamos estar nesta situación ao principio da tempada e ter que depender totalmente de nós. É un luxo.

 

Para perder o primeiro posto, o Gran Peña debería gañar os seis partidos e o Bergan fallar en tres. Parece moi improbable cando só perderon un partido en 28 xornadas.
Agora mesmo, as contas son moi sinxelas. Temos que gañar catro partidos e imos querer gañalos todos, sen especulacións. Persoalmente, penso que quen especula co resultado, ao final non acaba logrando o que desexaba. Debemos ter a ambición de querer gañalos todos.

 

Que sensación lle produce contar cun colchón tan importante a falta de tan pouco para que remate a liga?
Véxoo coma unha arma de doble filo. Por unha parte non temos tanta ansiedad a nivel competitivo pero tamén podemos caer na tentación de relaxarno e nesto último non debemos caer.

 

Hoxe é 12 de abril e a liga remata o 12 de maio. Un mes.
É moi pouco traballo o que nos queda agora mesmo para a gran recompensa que podemos ter. Levamos traballando dende xullo e tan só nos queda un mes. Temos que ponerlle a guinda á temada e iso require un último esforzo.


En que aspectos debe incidir o equipo no último mes de campionato para asegurar o título?
Agora mesmo debemos centrarnos en cada partido, dar coa tecla coa que podamos facer dano a cada rival e levar iso a cada partido. Despois, temos que manter o nivel físico e mental de toda a tempada neste último tramo.

 

O peor, como sempre, son as lesións. Como lles sentou a de Álex Lorenzo que se coñeceu esta semana?
Fatal. Como xogador é increíble, pero como persona é o triple. Nós chamámoslle ‘a sonrisa eterna’ porque está sempre contento e adestra sempre o 100%. Estaba sendo de moito valor para nós de cara os partidos. Persoalmente, fastidioume moito porque está nesa etapa do fútbol que pode aproveitar moito de cara o futuro. Estou seguro que desta vai saír reforzado de cara ao futuro.

 

Como é posible que un equipo que é líder destacado e que ten unha derrota en 28 partidos poida recibir críticas?
A min gústame ser autocrítico e autoexigente, pero todo ata certo punto. Aceptamos a esixencia que conleva pertencer ao Bergantiños polos obxetivos que ten o club pero levamos case toda a tempada con ese ruxe ruxe. É difícil aislarse deste ruido que provoca a xente e fastidia porque as cousas estanse logrando e, aínda así, quítansenos méritos. Sinceramente, non o entendo, pero creo que iso axudou a corpo técnico e a equipo a saír máis reforzados, sobre todo nestes últimos dos meses.

 

A nivel persoal, Santi Canedo é do sector autocrítico ou cre que hai moitas máis cousas positivas que negativas?
Penso que hai moitas máis cousas positivas que negativas, pero as negativas soen ter máis impacto. Houbo un momento que pesaba máis o negativo que o positivo do que estabamos facendo e eu non o entendía. Facíame a mesma pregunta sempre: como podemos ser líderes e non estar desfrutándoo? Isto non pasa todos os anos e temos o exemplo da tempada pasada.

 

En que aspectos do xogo ten marxe de mellora o Bergan?
Somos moi eficaces en ambas áreas. Igual nalgún momento teríamos que saber ler mellor os partidos: maior control con balón, líneas máis xuntas, maior profundidade ofensiva...

 

Santi tamén é dos que pensa que o campo das Eiroas perxudica ao Bergantiños?
Totalmente. E as estatísticas están aí. Tranquilamente, As Eiroas é dos peores campos da categoría e, ademais, considero que é máis fácil vir rascar algún punto a As Eiroas campo polo contexto do campo. O terreo de xogo está nefasto, depende moito das condicións meteorolóxicas e é un campo moi cómodo para xogar no sentido de que non hai un ambiente hostil para o equipo visitante. Non é A Lomba nin O Couto onde a afección empurra o equipo. É unha especie de campo neutral. A unión afección-club está en crecemento e podemos conseguir algo moi bonito de cara o futuro.

 

O Bergantiños destaca por ser o equipo menos goleado da liga, pero tamén é o terceiro máximo goleador.
Adaptámonos moi ben a cada campo e rival e, a partir de aí, xeramos ocasións. Nalgúns partidos é mais difícil porque o rival defende en bloque baixo, pero podemos marcar goles de diferentes formas.

 

14 en contra en 28 xornadas. Recorda unha temporada con tan poucos goles recibidos?
Nunca. A última vez sería cadete de segundo ano (ri).

 

Cal é o segredo?
Autocrítica, autoesixencia e traballo de todo o equipo.

 

Ten máis importancia o traballo colectivo ou o talento individual defensivo dos xogadores do equipo nas cifras de goles encaixados?
O talento individual pode axudar en momentos puntuais de certos partidos, pero o que da o maior froito a longo prazo e o traballo colectivo.

 

16 portas a cero en 28 xornadas. Ese dato non é normal.
Și, pero non o consigo eu, consígueo todo o equipo. Longo non é pichichi por ser el só senón por todo o equipo.

 

Está a ser esta a súa mellor tempada a nivel individual?
Atópome moi ben e, ademais, noto que pulín certos aspectos da portería como, por exemplo, a cobertura aos defensas e o xogo aéreo. Na miña cabeza tamén teño a primeira tempada en Segunda Federación da que gardo moi bo recordo.

 

Santi xogouno todo. Como consegue non relaxarse?
Gústame esixirme e son un pouco ‘friki’. Busco motivacións. Por exemplo, fíxome en mentalidades de deportistas de alto nivel ou, non quero parecer arrogante, traballo e quero ser o mellor porteiro da liga e demostralo en cada partido porque de nada sirve dicilo. Juan de Dora marcoume na primeira e na segunda volta e fastidioume para ter o reto de que a próxima vez que nos enfrontemos non me marque.

 

Que obxectivos ten para o que resta de temporada?
Simple: ascender.

 

Teñen unha data marcada para celebrar o ascenso?
O certo é que non. Eu quero conseguilo canto antes, sexa onde sexa. Se é coa nosa xente, méllor, pero a afección sempre está con nós. 

 

No último partido enfrontáronse os dous equipos menos goleados da liga: Bergantiños e Arosa. Non era difícil apostar ao 0-0.
Viuse o nivel defensivo que teñen os dous equipos. O Arosa ten unha liña defensiva, xunto con Manu Táboas, moi sólida e demostrouno o domingo pasado.

 

No horizonte, un Paiosaco moi necesitado. Que tipo de partido agarda?
Intenso, como todos os derbis contra o Paiosaco, coa bancada de A Porta Santa con bo ambiente e apretando. O Paiosaco quere ter o balón e nós trataremos de quitarllo e ter o control do partido.

 

O Paiosaco só gañou dous partidos na casa en toda a tempada. Como se pode motivar o Bergan para non caer na relaxación?
Se co obxetivo que temos, dependendo de nós para logralo, non temos a motivación necesaria para afrontar este partido sería para cortarnos a cabeza.

 

Dos seis partidos que lles quedan, catro serán fóra, onde o Bergantiños conseguiu rendemento esta temporada. Aínda así, preferiría que foran na casa?
Danos absolutamente igual. Iremos a cada partido a gañar sexa no campo que sexa.

Santi Canedo: "Houbo momentos nos que pensaba como podemos ser líderes e non estar desfrutándoo"

Te puede interesar