Denis López: “O de viaxar está moi ben, pero mellor na casa”
lll
17º-23º

Denis López: “O de viaxar está moi ben, pero mellor na casa”

Denis López: “O de viaxar está moi ben, pero mellor na casa”
Denis, en primeiro plano, durante a volta da final contra o Cultural Areas | CARLOTA BLANCO

Usuario

Horas despois de ser o MVP do partido contra o Cultural Areas na volta da final da Supercopa Galicia, Denis López pensa xa nesa fase previa da Copa do Rei para a que se clasificaron. 


“O de viaxar está moi ben, pero eu prefiro xogar na casa”, asegura o dianteiro de Caión sobre unha eliminatoria que terá lugar a partido único a principios de outubro. “Na celebración xa estivemos analizando posibles rivais e pensando nese partido que hai que sacar si ou si para lograr ese premio de xogar contra un Primeira División”, explica Denis, que prefire que o sorteo depare o enfrentamento no Monte.


“Estamos moi adaptados ao noso campo, coñecémolo moi ben, creo que potenciamos as nosas virtudes e escondemos as carencias, cunhas dimensións que nos axudan. Respetamos a todos, pero non lle temos medo a ningún rival que poida vir aquí. Ir ao seu campo cambia a cousa, hai que afrontar o partido doutra maneira, polo que son partidario de vivir a experiencia na nosa casa”, argumenta.


Dependerá do azar, pero o equipo tamén estaría máis que preparado para afrontar unha cita como visitante, xeito no que está a sacar moi bos resultados tamén. Se iso sucedese, Denis ten dúas preferencias, “A Rioxa, ante a sección masculina do DUX, ou Asturias”.


Define o título da Supercopa, o terceiro nun corto periodo de tempo, como “algo soñado, moi difícil ou case imposible de repetir”


É este un trofeo que non tería chegado se non gañaran antes a Copa da Coruña e da Deputación, onde en ocasións tiveron que sobrepoñerse a moitas baixas. “Aí está o mérito. Xogue quen xogue o equipo non o nota e da a cara en cada encontro. No tempo que levo en San Tirso conto cos dedos dunha man as veces que non competimos ben ou que algún equipo nos pasou por enriba. Sempre estamos dentro dos partidos. Poderá decantarse para un lado ou para outro, pero o de competir e esixirse vai dentro do noso carácter”, asegura Denis.


O dianteiro coincide co seu adestrador na sensación de que ás veces non teñen o recoñecemento que merecen. “A nós ao final danos bastante igual, pero polo noso estilo de xogo sempre se nos critica que non somos un equipo vistoso. Non sei se se lle da o suficiente valor por ese motivo, pero os resultados están aí e de momento o plantexamento creo que é o mellor para esta plantilla, porque non se lle puido sacar mellor rendemento”.

 

Volve a Liga

Por outra banda, a Preferente regresa este domingo. O San Tirso empezará no campo do Montañeros e a semana seguinte recibirá ao Paiosaco, rivais chamados a estar arriba.


“Intentaremos igualar o do curso pasado, que quedamos cuartos ao final. Este ano ábrese un abanico porque do primeiro ao quinto xogan playoff de ascenso e vai a estar a cousa máis igualada. Aínda que esteas na metade de táboa sempre podes mirar cara arriba. O obxectivo é intentar xogar a promoción de ascenso e logo que sexa o que Deus queira”, sinala Denis, que ve un acerto no novo formato.


O domingo celebrouse a Supercopa como merecía, pero “o martes volveremos a conectar outra vez, baixar á realidade, que ante o Montañeros necesitaremos estar ao máximo nivel”, engade. 

 

En corto

Adri Suárez (portero) - El guardameta explica su doble intervención clave en el minuto 80: “significa mucho por el momento del partido en el que se produce, ya que eran los minutos finales y se podían meter de lleno en la eliminatoria”. Asegura que en la segunda acción trató de “quitarle espacio” al delantero y reconoce que Brais Bernárdez, referencia del Cultural Areas, “es difícil de contrarrestar”.

 

Iago Meijide (centrocampista) - Autor del tercer gol del San Tirso, dice sentirse “orgulloso de formar parte de esta familia y de todo lo que hemos conseguido trabajando juntos”. A colación de su tanto, el centrocampista explica que “el cuerpo técnico me conoce desde hace mucho tiempo y cree que puedo hacer más goles golpeando desde fuera del área. Me insiste en que lo intente sin miedo”.

 

Carlos Díaz (extremo y capitán del equipo) - Ante la salida de César, ha asumido la capitanía. Y no ha tardado demasiado en alzar su primer trofeo: “fue un momento muy especial, el camino para levantar la Supercopa es muy largo y soy consciente de que en la vida hay pocos momentos como este”. Bromea con que “pesaba bastante, pero después de una hora de celebración ya se levantaba con una mano”.

Denis López: “O de viaxar está moi ben, pero mellor na casa”

Te puede interesar