Manu Pozo, Geni e Abel impuxéronse na proba de Castro Laxe
lll
17º-23º

Manu Pozo, Geni e Abel impuxéronse na proba de Castro Laxe

Manu Pozo, Geni e Abel impuxéronse na proba de Castro Laxe
O podio infantil en terras cullerdenses | lab

Usuario

Décima proba puntuable para a Liga Atlántica (Conferencia Noroeste), que tivo lugar na pista cuberta de Castro Laxe, en Vilaboa (Culleredo), co engadido de poñer en xogo tres prazas para participar na Supercopa de billarda, que se disputará o vindeiro día 26 na Coruña.

En categoría absoluta, impúxose Manu Pozo, de Billardeiros Musicais de Ribadeo. A segunda posición foi para Cotelo, da APB da Laracha, pechando o podio Xan Rodiño, do Lúa e Forza de Sanxenxo.

Na feminina, outra ‘billardeira musical’, Geni, conseguiu a vitoria. Segunda praza para Mercedes, do Campo da Feira de Paiosaco, e terceira para Silvia, de Cochiqueiros de Cerceda.

En infantís, Abel (Campo da Feira) foi o mellor, acompañado no podio por Aroa (Billardeiros Musicais) e Nuno (Filloas de Sangue da Coruña).

Por equipos, Billardeiros Musicais conseguiu a primeira posición. A segunda levouna Campo da Feira, e a terceira a APB larachesa.

As prazas para a Supercopa foron para Manu Pozo, Cotelo e a derradeira para Alberte, que pertence ó Cochiqueiros.

Sen dúbida será unha competición interesante, cos mellores xogadores galegos en terras herculinas. Está previsto que esta Supercopa sexa retransmitida pola TVG2. 

Manu Pozo, Geni e Abel impuxéronse na proba de Castro Laxe

Te puede interesar