Coruña42 | A maratón atlántica recupera a meta na praza de María Pita
lll
17º-23º

Coruña42 | A maratón atlántica recupera a meta na praza de María Pita

Coruña42 | A maratón atlántica recupera a meta na praza de María Pita
Os percorridos das dúas probas de outubro serán homologados dentro dunhas semanas pola Federación Española de Atletismo

Usuario

O vindeiro 2 de outubro regresa a maratón atlántica Coruña42 coa súa novena edición, cun circuíto novo que sete anos despois volve ter a meta na praza de María Pita.


Despois da pandemia, o calendario atlético da cidade recupera a súa proba grande, a irmá maior da C10 e a C21, que reaparece tas un importante esforzo organizativo. O obxectivo do goberno municipal é situala, novamente, entre as mellores de España e que se converta nun patrimonio máis de A Coruña.


A maratón porá a proba a resistencia dos deportistas con 42.195 metros polas rúas herculinas, onde, ademais, se desenvolverá, en paralelo, unha carreira de 10 quilómetros.


O circuíto, que partirá da avenida de Montouto, presenta tres tramos diferenciados. No primeiro, unha volta de 14.695 metros na que os atletas pasarán pola Mariña, os Cantóns, a praza de Ourense, dirixiranse cara á Palloza, enfilarán a avenida do Exército, pisarán rúas como Ramón y Cajal, Pérez Ardá ou Salvador de Madariaga, onde efectuarán un xiro de 180 graos, despois chegarán á zona portuaria e regresarán cara ao punto de saída, onde comezará o segundo tramo, que repite o primeiro e engade case 3 quilómetros por Salgado Torres, ata a rotonda de Lonzas. Nese punto virarase para tomar de novo dirección cara ao porto e regresar á avenida de Montouto. A continuación, dez quilómetros  finais cun percorrido pola zona de praias tras atravesar Juana de Vega, San Andrés e Rúa Alta.


Os atletas correrán primeiro cara a Manuel Murguía e, posteriormente, en sentido á Torre de Hércules antes de afrontar os últimos metros por Sol, San Andrés e Rúa Nova, acceder á Rúa Real, Rego de Auga e, finalmente, á praza de María Pita.


Os circuítos da C42 e a 10K paralela serán homologados pola RFEA a finais de agosto ou principios de setembro.


O prazo de inscrición ordinario en www.carreirasgalegas.com está aberto ata ás 23.59 horas do 18 de setembro; o extraordinario, desde o 19 ata o 25 dese mes, tamén ás 23.59 horas l

Coruña42 | A maratón atlántica recupera a meta na praza de María Pita

Te puede interesar