O Fillos de Breogán disputou a pasada fin de semana a primeira xornada da Liga Galega masculina de fútbol gaélico cun partido contra o Estrela Vermella de Santiago na localidade de Trazo. O equipo coruñés firmou a súa primeira vitoria da competición por un marcador global de 17-31. O Estrela Vermella sumou 0 goles e 17 puntos, mentres que o Fillos de Breogán logrou 4 goles e 19 puntos.