Fillos de Breogán conseguiu o seu cuarto título consecutivo de Liga Galega tras gañar en Vigo a Keltoi por 6-16 / 4-24.
O equipo coruñés chegou 11 abaixo ao descanso pero, tras realizar uns axustes defensivos, conseguiu facerse coa vitoria.
Fillos necesitaba gañar, empatar ou perder por menos de 3 puntos para facerse co título. Este novo campionato o clasifica para o Torneo Ibérico que se celebrará en maio, nunha sede por designar.
Por outra banda, Fillas de Breogán rematou a primeira volta ligueira nas primeiras posicións, empatada a 8 puntos con Turonia FG e Estrela Vermelha. As coruñesas venceron a domicilio no campo de Vilatuxe (Lalín) contra combinado formado por Herdeiras de Dhais e Irmandinhas, por 02-03 / 04-07.