O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 25 de setembro de 2023 das solicitudes para a concesión das subvencións previstas na Orde do 6 de xuño de 2023 para a concesión de subvencións dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas. En total serán 59 entidades deportivas galegas as que se beneficiarán dun investimento total de 1,3 millóns de euros que será financiado entre 2023 e 2024.
No caso da provincia da Coruña 21 entidades beneficiarias que se reparten un total de 430.419,83 euros: Diver Patín Club Deportivo (24.000 euros); Real Sociedad Deportiva Hípica A Coruña (24.304,29 euros); Real Club Náutico Portosín (25.000 euros); Club de Tenis Redes (25.000 euros); Club Náutico Firrete de Pontedume (15.673,31 euros); Real Aéreo Club de Santiago (25.000 euros); Club Piragüismo Rías Baixas (25.000 euros); Club Ría de Betanzos (6.400 euros); Agrupación de Montañeros Independentes (25.000 euros); Club San Tirso (24.809,48 euros); Club Zona Pádel (23.851,52 euros); Ximnasia Coruña (15.947,20 euros); Hércules Club de Golf (25.000 euros); Dobok Escola de Taekwondo (25.000 euros); Sociedade de Montaña Ártabros (25.000 euros); Club Náutico de Sada (20.000 euros); Club de Tenis de Mesa Cidade de Narón (25.000 euros); Club Ximnasio Fibra (6.316,43 euros); Club Deportivo Rosalía de Vilaboa (14.277,60 euros); Club Remo Cabo de Cruz (25.000 euros) e Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra (4.840 euros).
A provincia de Pontevedra, que conta con 22 clubs beneficiados e cun orzamento global superior ao medio millón de euros (504.128,10) foi a máis beneficiada, mentres que na provincia de Lugo foron 14 entidades as que accederon a un investimento total de 308.527,46 euros e no caso de Ourense dúas entidades recibiron 50.000 euros.
O Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros. Dentro deste orzamento para infraestruturas destacan dúas novas ordes de instalacións deportivas, unha para concellos e outra para entidades deportivas.