Foucellas recluta aos máis cativos
lll
17º-23º

Foucellas recluta aos máis cativos

Foucellas recluta aos máis cativos
Historia, deporte e natureza xúntanse nesta actividade | cedida

Usuario

Houbo un tempo en que era tal a popularidade de Benigno Andrade ‘Foucellas’ que a todos os maquis acabáronos chamando Foucellas. E moitos ‘Foucellas’ serán os que tomen a saída no que será a cuarta edición desta proba onde deporte e historia irán dá man nunha nova edición do Trail de Foucellas, onde novamente non deixará a ninguén indiferente, nunha proba que é xa un referente dentro dás probas de trail dá comunidade, se es corredor de trail tes que ter si ou si no teu curriculum o tomar parte nesta proba.


O ‘Trail dos Foucellas’ de Baio vai celebrar o domingo 11 de decembro. Está organizado pola entidade Tabeirón Deportivo, que vén sendo a sección deportiva da Asociación de Veciños Tabeirón de Baio, que tamén organiza outras probas como o ‘Duatlón das Letras’ ou a ‘BTT Monte Castelo’, e conta coa colaboración do Concello de Zas e da Deputación da Coruña. Desde o momento que se creou este trail, tíñase claro que non debía ser só unha proba deportiva ao uso.


Había que dotala de algo máis, e ese algo máis veu dado, primeiro, polo medio natural no que se desenvolve (o monte Castelo e as fermosas paraxes á beira do río do Porto, como son Pedra Vixía e a Carballeira). E segundo, había que enfocalo tamén coa nosa Historia, coa historia dos fuxidos da posguerra que se agochaban no monte Castelo, e por iso recreamos tamén estes acontecementos con actores que interpretan a perseguidos e a perseguidores. Ao igual que facemos co Duatlón das Letras, no que combinamos deporte e literatura, aquí o outro protagonista é a historia.

 

 

A mestura


Isto é, combinar deporte, natureza e historia é o obxectivo dos organizadores do Trail dos Foucellas, pero tendo claro que é unha proba deportiva na que os participantes se teñen que sentir cómodos.


As recreacións con gardas civís -algúns deles a cabalo- e Foucellas polo monte danlle un punto de espectáculo a este trail, que por outra parte é moi competitivo con cinco percorridos a escoller polos participantes. Un trail longo, de 27 quilómetros e 900 metros de desnivel, que partirá da Carballeira de Baio ás 9.30 horas; e un trail curto, de 14 quilómetros e 300 metros de desnivel, que sairá desde o mesmo punto unha hora máis tarde.


Pero este ano a organización sobe a aposta animados pola gran aceptación que tivo noutra das probas que organizan, el BTT Monte Castelo, e inclúen tres probas enfocadas para os deportistas máis pequenos, así haberá un MiniFoucellas de 7 quilómetros de percorrido reservado para os atletas nados desde o ano 2008 ou anteriores, pero ábrese o abanico para as categorías sub12 e sub14, ou sexa, os nados nos anos 2009-2010-2011 e 2012 que terán que enfrontarse a un percorrido de 2.600 metros, pero para que non quede ninguén fóra da proba, os máis cativos, nacidos nos anos 2013 e 2014 farán o propio nun circuíto de 1.300 metros.


Os participantes poderán recoller os seus dorsais unha hora antes da saída da súa respectiva proba na praza Braulio Astray, próxima á Carballeira, ou incluso na tarde do sábado na sede da AVV Tabeirón, nas escolas Agra Regueiro. Ademais contarán con servizo de roupeiro para deixar as súas pertenzas durante a celebración da proba. A meta tamén vai estar na Carballeira de Baio, onde se entregarán os premios para os primeiros clasificados.


As inscricións faranse na páxina https://cronotec.es/ como data tope o día 7 de decembro.


Para ducharse estarán a disposición dos corredores os vestiarios do pavillón polideportivo e do campo de fútbol baiés. Podes acceder a máis información nas redes sociais de Tabeirón Deportivo, tanto en Facebook (Tabeirón Dptvo Baio) como en Instagram (@tabeiron.deportivo). 

Foucellas recluta aos máis cativos

Te puede interesar