É mediocentro, ten 26 anos e é canteirán do Bergantiños. No verán de 2018 cambiou o San Lorenzo, de Primeira, polo Sofán, de Preferente. Ascendeu a Terceira e, en categoría nacional, leva tres goles a pesar da súa posición. O pasado mércores fixo o 1-0 contra o Silva nun partido que rematou 3-0 e que significou a cuarta vitoria da tempada do Sofán.
O Sofán gañou por 2-0 a un dos equipos máis difíciles de superar da liga.
Deuse o partido que nos esperabamos, con moita disputa e duelos individuais. Estivemos a altura da intensidade que esixía o partido.
Foi xusto ou abultado o 2-0?
Creo que foi xusto porque incluso tiramos un penalti ó longueiro e tivemos unha contra moi clara para matar o partido. Ben é certo que nos minutos finais o Silva puido recurtar distancias.
En que aspectos estivo mellor o Sofán que o Silva?
Principalmente na vixiancia dos segundos balóns, xa que nos fixemos cun alto número deles. Iso permitiunos ter mais opcións de ataque e non sufir tanto en defensa.
Houbo momentos nos que perigou o resultado?
Si, ao final xogabamos contra un rival que vai sétimo na clasificación e en calquera momento podían empatarnos o partido. Pero estamos nunha liña moi boa na que a confianza do equipo vai en aumento e iso nótase. Estamos a saber sufrir os partidos moito máis que no inicio de liga.
Defensivamente o equipo é moito máis fiable que na primera volta
Parafita fixo o 1-0 desde os once metros. Sente presión un tirador de penaltis cando hai 0-0 no marcador?
Si, ao final estamos todo o ano traballando para obter bos resultados e ás veces decídense en accións puntais coma un penalti. Por sorte entrou e axudou a conseguir a vitoria.
Tivo adicatoria o gol?
Non, en xeral non adico os goles a non ser que pase algo excepcional e tampouco marco moitos (ri).
En case unha volta enteira o Sofán conseguiu unha vitoria. Nas catro últimas xornadas, tres triunfos.
No parón de Nadal adestramos dúas semanas sen liga nas que puidemos desconectar da competición e a idea foi empezar todo de cero no 2022 sen ter en conta os resultados da primeira volta. A partir de aí collemos máis experencia e aprendemos a ler moito mellor os tempos dos partidos. O traballo leva sendo bo durante toda a tempada tanto nos malos como nos bos resultados.
Que aspectos corrixiu o Sofán para pasar a ser tan fiable?
Conseguimos tres portas a cero nos últimos cuatro partidos, entón é evidente que defensivamente o equipo é moito máis fiable. Temos que seguir por este camiño de facernos fortes atrás porque arriba sempre temos dúas ou tres ocasións para poder marcar.
Da a sensación de que o corpo técnico deu cun once tipo. Cada vez hai menos cambios no equipo titular.
O rendemento non creo que se deba ós xogadores elexidos de inicio. Temos un equipo moi competitivo no que pode xogar calquera.
O traballo é o mesmo tanto nos malos como nos bos resultados
Fai un mes, parecía que o Sofán necesitaba unha milagre para conseguir a permanencia. Que cambiou desde que comezou 2022?
Intentamos mirar o menos posible a clasificación porque non xogaba nada ó noso favor vernos a tanta distancia. Agora temos un partido o domingo contra o Choco no que podemos dar un golpe na mesa e meternos de cheo na loita pola permanencia.
Que obxectivos ten Parafita para o que resta de tempada?
A nivel individual, intentar axudar ó equipo con bos partidos para conseguir o obxectivo colectivo, que é a permanencia.
Das tres últimas vitorias, con cal queda?
Quedo coa de Noia porque foi a primeira portería a cero da tempada e tamén a primera vitoria de visitante. A máis complicada foi a do Viveiro, na que nos sorriu esa fortuna que en moitos outros partidos nos esquivaba