O Pazo de Deportes de Arteixo acolleu o pasado venres a Gala do Deporte 2022, unha oportunidade para presumir dos éxitos dos seus veciños máis destacados en diferentes modalidades.
O gran vencedor da noite foi Unai Cereijo, patinador do CP Maxia que este ano proclamouse subcampión de Europa e conquistou a medalla de bronce na Copa do Mundo, éxitos que lle valeron para gañar o máximo galardón ‘Mellor Deportista’ ademáis do de ‘Mellor Deportista masculino’ en categoría de base.
En total repartíronse unha ducia de premios e catro mencións especiais nunha noite que amosou o potencial do deporte arteixán.